12.12.06

Trala fiestra



Son as persoas, as que estragan os días. Eles amencen fermosos co seu brilar característico, co seu sol facendo acto de presenza polo leste, dirixíndose imparabel cara un oeste lonxano, que nunca chega, que non existe.

Son esas manhans virxes, frescas, que olen a río correndo na sua canle, que olen a xeada que -como un manto de neve- todo cubre, mesmo parece que todo está conxelado.


É aló, o fondo, onde se albisca o que torcerá o día, asoman as columnas de fume, polo norte o que xa non apuntan as brúxulas, e aparecen os vehículos sembrando fume, para recoller cancro.

E así se truncan os sons tranquilos en contaminates ruidos, e así se perden os días, un tras outro, mentres detrás dunha ventá, sucia, pódese ver este circo de morte, sen poder paralo.