19.1.06

Lembranza nova de vellos recordos.


Esta mañan, lendo cousas que escribo, apareceu algo que me gustou, e quero facercho chegar:



Cae o sol nesta fría tarde de decembro,
as sombras fanse cada vez máis longas
chegando a donde eu non podo,
a donde eu son incapaz de chegar.

O frío apreta fora
pero dentro da miña pel
o teu reordo quentame o corazón
cansado, aburrido de latexar
se máis fin que bombear sangue
sen máis fin, que sufrir ausencias.

As sombras apaganse
é convertense nun todo
nunha oscuridade homoxenea, palpable.

Soan campás de loito
pola tua ausencia,
o teu recordo esvaecese
e o meu corpo enfría
ata facerme pecha-los ollos
para o resto da miña vida.

Quizais soe triste, pero a min, como pai, gustame así!!!.
Agardo que seña tamén do voso agrado.

Por certo, o solpor da imaxe pódese ver dende o meu pobo, o meu pequeno paradiso, alí está sacada a foto.

-----------------------------------------------------------------------------------

Siento mucho, castellano lector/a, pero esta entrada no será traducida, no tiene traducción.
Repito, lo siento, si tienes alguna duda, hazmelo saber.

3 Comentarios:

At 10:24 p. m., Blogger pipilotti busca knock Dixo...

Lo qm preocupa no es q sea triste, sino q si le resulta tan agradable entonces estará así un poko triste ud tb.. Preciosa la poesía, aunq se me escape alguna palabreja, xo pokita cosa:)
Y su ánimo cuídeselo, cuídeselo,q se le necesita en plena forma, Jositoooo;)

 
At 6:14 p. m., Blogger Fogar_de_breogan Dixo...

É moi fermoso saber que alguén se preocupa por un. Moitas grazas señora... ou señorita!!.
Por certo, alegrome, non sabe de que maneira, que lle agrade o escrito (se lle chamara poesía sería un insulto aos poetas).
--------------------------------
Es hermoso saber qeu alguién se preocupa por uno. Muchas gracias señora... o señorita!!.
Por cierto, me alegro, no sabes de que manera, que te haya agradado el escrito (si le llamara poesía sería un insulto a los poetas).

 
At 6:44 p. m., Blogger Mary Dixo...

Que fermoso escrito Josiño!!!
Deixoume moi sorprendida esta faceta túa!!! Tantos anos como é toda a nosa vida compartindo cousas e non sabía que foras capaz de transmitir tanto sentimento con estas verbas!!!
Sorpendichesme moito por iso te animo a que non deixes de facelo nunca.
Un biko e unha aperta!!!

 

Publicar un comentario

<< Home