21.4.08

O Coleccionista de NONS


Ao cabo, remataría por ser o "coleccionista de nons". De tantas negacións recibidas a súa paciencia e ilusión estaban comenzando a quebrarse, facerse cinzas para seren ciscadas polo chán que, por negativas, nunca lle deixarían pisar.


Recibira nons para todo tipo de proposicións, calquera pregunta ou solicitude, e incluso ofrecemento era premiada cun xesto de consolación e unha negativa máis que acumular á súa colección. Era algo semelhante ao equipo que se afai a perder e despois xa non lle causa novidade. Tomao como algo normal, incluso o contrario o sorprendía.


Tal era a cantidade de negacións, que xa non tinha sitio físico onde as gardar. Os estantes estaban repletos delas. Había nons grandes, outros eran pequeninhas ( ao oido ), en minúscula, en maiúsculas, tamén en maiúsculas e con admiracións, en cursiva, sulinhados e en negrinha, ata os había en extranxeiro.


Xa sabía como se dicía NON en tódolos idiomas da península. Tamén os ten de cores (Psicodélicos), artísticos e incluso culturais, ainos románticos (son os peores). E gardaba un xuvenil, que levaba gardado na súa ialma.

Algunhas tardes, nubladas, parábase a ve-los "trofeos adquiridos". Ollabaos coa calma coa que os gardaba, e analizabaos, buscaba neles un porqué, pero atoba sempre un cómo. Todos eran distintos, pero iguais. Paseabaos amodo, calado e sorprendido, prometéndose, cada vez, non engordar a lista con ningún outro. Promesa que nunca cumpría e que cada manhán, ao se levantar esquencía voltando a rachala.