21.4.08

O Coleccionista de NONS


Ao cabo, remataría por ser o "coleccionista de nons". De tantas negacións recibidas a súa paciencia e ilusión estaban comenzando a quebrarse, facerse cinzas para seren ciscadas polo chán que, por negativas, nunca lle deixarían pisar.


Recibira nons para todo tipo de proposicións, calquera pregunta ou solicitude, e incluso ofrecemento era premiada cun xesto de consolación e unha negativa máis que acumular á súa colección. Era algo semelhante ao equipo que se afai a perder e despois xa non lle causa novidade. Tomao como algo normal, incluso o contrario o sorprendía.


Tal era a cantidade de negacións, que xa non tinha sitio físico onde as gardar. Os estantes estaban repletos delas. Había nons grandes, outros eran pequeninhas ( ao oido ), en minúscula, en maiúsculas, tamén en maiúsculas e con admiracións, en cursiva, sulinhados e en negrinha, ata os había en extranxeiro.


Xa sabía como se dicía NON en tódolos idiomas da península. Tamén os ten de cores (Psicodélicos), artísticos e incluso culturais, ainos románticos (son os peores). E gardaba un xuvenil, que levaba gardado na súa ialma.

Algunhas tardes, nubladas, parábase a ve-los "trofeos adquiridos". Ollabaos coa calma coa que os gardaba, e analizabaos, buscaba neles un porqué, pero atoba sempre un cómo. Todos eran distintos, pero iguais. Paseabaos amodo, calado e sorprendido, prometéndose, cada vez, non engordar a lista con ningún outro. Promesa que nunca cumpría e que cada manhán, ao se levantar esquencía voltando a rachala.

6.12.07

Xente Allea, Xente Amiga

Quero adicar esta entrada a unha persoa un tanto especial. Alguén alleo a mín, coa que unha vez compartín unha viaxe, pero que foi suficiente para ver "algo máis".
Xunto a ela, tamén quero adicar dita entrada a toda a xente que conhecín, e coa que mantenho, grata, amizade, en situacións estranhas, dígase clínicas, bares...

Todo sucedeu nunha viaxe en autobus dende o norte ao centro peninsular. O principio compartíamos dupla de asentos, nada máis. Eu non son de moito falar (ata que me tiran da lingua!). Pero foi bastante a oferta súa duns doces a metade de caminho para que aquela viaxe se convertira nunha viaxe inesquencibel.
Comenzamos a falar de proxectos, de ilusións dos nosos traballos ( estudios no meu caso), de arte, literatura.. de mil e un temas que fixeron da viaxe a máis entretida que endexamáis fixen.

Naquela companheira de viaxe, xa contertulia, e pano de bagoas nalgún intre para mín, vin algo que me chamaba a atención; a súa forma pausada de falar, o xeito co que falaba das pequenas cousas que lle facían ilusión, a luz que desprendía...

E así rematou a viaxe, pero non a relación, pois ainda hoxe continuamos tendo novas o un do outro. Non sei se é moi normal continuar a manter contacto con alguén coa que so compatiches unhas horas nun autobús e non viches nunca máis. ¡¡Pero así é!!, cousa da que estou ben satisfeito.

Algunhas veces, fico a pensar na cantidade de xente interesante coa que, a diario, nos cruzamos, e pasan sen nos decatar....

Para cerrar xa, soio darche as grazas, por faceres daquela viaxe, "Unha mensaxe nuna botella".

------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Quiero dedicar esta entrada a una persona un tanto especial. Alguien desconocida para mi, con la que una vez compartí un viaje, pero que fue suficiente para ver "algo más".
Junto a ella, también quiero dedicar esta entrada a toda la gente que conocí, y con la que mantengo, grata, amistad, en situaciones estrañas, dígase clínicas, bares...

Todo sucedió en un viaje en autobus desde el norte al centro peninsular. Al principio compartíamos dupla de asientos, nada más. Yo no soy de mucho hablar (hasta que me tirán de la lengua). Pero fue suficiente su oferta de golosinas a mitad de camino para que aquel viaje se conviertiera en un viaje inolvidable. Empezamos a hablar de proyectos, de ilusiones, de nuestros trabajos (estudios en mi caso), de arte, literatura... de mil y un temas que hicieron de aquel viaje, la más entretenida que jamás hice.

En aquella compañera de viaje, ya contertulia y pañuelo de lágrimas en algún momento para mí, vi algo que me llamaba la atención; su forma pausada de hablar, su forma de hablar de las pequeñas cosas que le hacen ilusión, la luz que desprendía..

Y así se acabó el viaje, pero no la relación, pues aún hoy continuamos teniendo noticias el uno del otro. No se si es normal mantener contacto con alguien con la que sólo has compartido unas horas en un autobús y no has vuelto a ver. ¡¡Pero así es!!, cosa de la que estoy muy satisfecho.

Algunas veces, me paro a pensar en la cantidad de gente interesante con la que, a diario, nos cruzamos, y pasan sin darnos cuenta...

Ya para cerrar, sólo darte las gracias, por hacer de aquel viaje, "Un mensaje en una botella".

4.1.07

Certezas absolutas

Cantas cousas estou a descubrir nesto da rede, e sobre todo neste novo blogue que ando a ler; Sempre en Galiza. Esta vez un monólogo de verdades do noso país, verdades e defectos do noso país. Esos mismos defectos que nos evitan medrar como pobo, como país.
Non volo perdades que merece a pena.

3.1.07

Benditos Xudeus.

Esta manhan estiven enredado por algúnha páxina de contido galego, e atopeime nunha delas; Sempre en Galiza (Recomendovos este blogue) un documental que me pareceu, absolutamente, estremecedor. Se tedes un anaco de tempo, recomendovos que o vexades, son 30 minutos de verdades escalofriantes.

21.12.06

A máis fermosa lembranza.

E chegou o nadal,
con el o frío da mán
a volta a casa non se fai agardar.
A tranquilidade do crepitar dun fogo agarda,
e o calor dos seres queridos
e o silencio da noite
iluminada pola luz dunha cande que se apaga
e a neve caendo, cubrindoo tudo, trala fiestra
que se empanha polo alento, quente.
A cea, xa está lista
respiras fondo, e en silencio
respondes a chamada
sentaste, están todos outra vez,
co sorriso nos beizos, cóllelos cubertos,
e outro ano pasou, xa.

13.12.06

Ollo que novas!!!!

INFORME DA SITUACIÓN DA MULLER NO MERCADO DE TRABALLO GALEGO
Un estudo de Traballo amosa que as mulleres cobran un 27% menos cós homes

"Lamentabel non, pois non vos perdades a seguinte":

Bloquean a Declaración dos Dereitos dos Indíxenas
[13/12/2006 08:00] Aínda que o Consello de Dereitos Humanos das Nacións Unidas aprobara xa a finais do pasado mes de xuño a Declaración dos Dereitos dos Pobos Indíxenas, o texto non conseguiu agora ser ratificado na Asemblea Xeral da ONU. A clave do bloqueo desta aprobación está na mención que o documento fai sobre os dereitos dos pobos indíxenas a aproveitaren os recursos naturais das zonas onde viven, recomendando que a explotación destes recursos conte coa aprobación das comunidades. Ese punto reuniu en contra do texto a diversos gobernos, entre eles moitos africanos e tamén os de Estados Unidos, Canadá, Australia e Nova Celandia, que contan con importantes comunidades indíxenas dentro das súas fronteiras.

"Podedes ver novas relacionadas en: http://www.vieiros.com/ "

12.12.06

Trala fiestra



Son as persoas, as que estragan os días. Eles amencen fermosos co seu brilar característico, co seu sol facendo acto de presenza polo leste, dirixíndose imparabel cara un oeste lonxano, que nunca chega, que non existe.

Son esas manhans virxes, frescas, que olen a río correndo na sua canle, que olen a xeada que -como un manto de neve- todo cubre, mesmo parece que todo está conxelado.


É aló, o fondo, onde se albisca o que torcerá o día, asoman as columnas de fume, polo norte o que xa non apuntan as brúxulas, e aparecen os vehículos sembrando fume, para recoller cancro.

E así se truncan os sons tranquilos en contaminates ruidos, e así se perden os días, un tras outro, mentres detrás dunha ventá, sucia, pódese ver este circo de morte, sen poder paralo.