21.12.06

A máis fermosa lembranza.

E chegou o nadal,
con el o frío da mán
a volta a casa non se fai agardar.
A tranquilidade do crepitar dun fogo agarda,
e o calor dos seres queridos
e o silencio da noite
iluminada pola luz dunha cande que se apaga
e a neve caendo, cubrindoo tudo, trala fiestra
que se empanha polo alento, quente.
A cea, xa está lista
respiras fondo, e en silencio
respondes a chamada
sentaste, están todos outra vez,
co sorriso nos beizos, cóllelos cubertos,
e outro ano pasou, xa.

13.12.06

Ollo que novas!!!!

INFORME DA SITUACIÓN DA MULLER NO MERCADO DE TRABALLO GALEGO
Un estudo de Traballo amosa que as mulleres cobran un 27% menos cós homes

"Lamentabel non, pois non vos perdades a seguinte":

Bloquean a Declaración dos Dereitos dos Indíxenas
[13/12/2006 08:00] Aínda que o Consello de Dereitos Humanos das Nacións Unidas aprobara xa a finais do pasado mes de xuño a Declaración dos Dereitos dos Pobos Indíxenas, o texto non conseguiu agora ser ratificado na Asemblea Xeral da ONU. A clave do bloqueo desta aprobación está na mención que o documento fai sobre os dereitos dos pobos indíxenas a aproveitaren os recursos naturais das zonas onde viven, recomendando que a explotación destes recursos conte coa aprobación das comunidades. Ese punto reuniu en contra do texto a diversos gobernos, entre eles moitos africanos e tamén os de Estados Unidos, Canadá, Australia e Nova Celandia, que contan con importantes comunidades indíxenas dentro das súas fronteiras.

"Podedes ver novas relacionadas en: http://www.vieiros.com/ "

12.12.06

Trala fiestra



Son as persoas, as que estragan os días. Eles amencen fermosos co seu brilar característico, co seu sol facendo acto de presenza polo leste, dirixíndose imparabel cara un oeste lonxano, que nunca chega, que non existe.

Son esas manhans virxes, frescas, que olen a río correndo na sua canle, que olen a xeada que -como un manto de neve- todo cubre, mesmo parece que todo está conxelado.


É aló, o fondo, onde se albisca o que torcerá o día, asoman as columnas de fume, polo norte o que xa non apuntan as brúxulas, e aparecen os vehículos sembrando fume, para recoller cancro.

E así se truncan os sons tranquilos en contaminates ruidos, e así se perden os días, un tras outro, mentres detrás dunha ventá, sucia, pódese ver este circo de morte, sen poder paralo.